Sunday 12 de May de 2024

Licitación de catro quioscos de hostalería de verán en terreos municipais no entorno das praias de Coroso, Touro e Ameixida


Quince días para a presentación de ofertas

O Concello de Riveira informa da licitación da instalación de catro quioscos de hostalería non permanentes con terrazas en terreos de titularidade municipal na tempada de verán.

Así, segundo o anuncio de licitación publicado hoxe no BOP, estes elementos situaranse no entorno das praias de Coroso (2), O Touro e A Ameixida. Ábrese un período de 15 días hábiles para presentar ofertas.

Do 1 de xuño ao 30 de setembro
O prego de condicións que rexerán a adxudicación destes postos indica que o prazo da autorización para ocupar os terreos de titularidade municipal será de catro meses (do 1 de xuño ao 30 de setembro). Para os postos de Coroso e Touro, ao estar enclavados en zona de servidume de protección de costas os adxudicatarios deberán tramitar a correspondente autorización ante o Servizo de Urbanismo da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

Os límites máximos de superficies que se poderán ocupar cos postos son os seguintes (incluída a terraza):

• Praia de Coroso: 25 e 50 m2
• Praia de Touro-Punta Touro: 25 m2
• Praia de Ameixida: 25 m2

Os prezos base de licitación serán os indicados na ordenanza fiscal municipal B.2.8 (13,834541 €/m2), e poderán ser mellorados polos licitadores nas súas ofertas: